A Papanoelada Solidaria de Cee recaudará cartos para a Asoc. Paseniño

Imaxe de arquivo dunha Papanoelada

O Motoclub Costa da Morte e a Comisión de Festas de Xunqueira acenden os motoros para unha nova Papanoelada Solidaria. O sábado 21 de decembro, unha carpa situada ao carón de Facenda, en Cee, acollerá un Mercadillo solidario e unha gran festa de prenadal. Todo o recadado será para Asociación Paseniño, que tanto traballa pola inclusión.

Centos de motos sairán de Cee pola comarca a partir das 15:30h, e a caravana visitará, cal Santa Claus, Muxía e Fisterra.

Á súa volta xa estará o mercadillo solidario na carpa esperando para facer a festa. As entidades organizadoras invitan aos artesáns da zona a participar no Mercadillo coas súas creacións. Poden contactar nos motoclubcee@gmail.com ou 650 197 349.