Piden melloras en varios puntos do campo do Sampaio de Refoxos de Cee

Os vestiarios auxiliares do campo de fútbol do Sampaio de Refoxos, usados polos equipos do Atlético Pereiriña e do Inter de Brens, e en ocasións polas categorías inferiores do UC Cee, e o almacén-cantina que usan os dous equipos (Pereiriña e Brens) atópanse neste momento nun estado de abandono lamentable.
Así o denuncia o BNG local, que sinala que "o habitáculo que da servizo de almacenaxe e cantina para os dous equipos, está cheo de humidades e de paredes coa pintura descascarada, o que provoca tamén que continuamente o chan esté cheo de suciedade". Ademais, "nos vestarios as paredes están rotas en algún punto, as portas cheas de buratos e de “polilla”, os accesorios e estantes son insuficientes, e en numerosas ocasións falla a auga quente, tendo que os equipos ducharse en auga fría, ou directamente non facelo".

Polo exposto, o BNG vai rexistra unha petición no concello esixindo que, de inmediato, se proceda ao pintado de ambas instalacións, así como a mellora nas portas e no suminstro de auga quente.

"Aínda que consideramos que a mellora debe ser moito maior, sendo preciso habilitar un espazo mais grande e acolledor para poder gardar o material, así como para que poidan dispór dunha cantina en condicións, estas actuacións mellorarían a curto prazo as
condicións nas que os clubs traballan".
"Cómpre sinalar que é esta unha das pouca liñas de finaciamento directa que teñen os clubs, e facelo en condicións de espazo e salubridade adecuadas é o mínimo que se pode facer para colaborar coas directivas", explican dende o grupo da oposición.