Piden o arranxo de varias fochancas en Cee e o cambio do alumeado do campo de futbol
16 de outubro de 2015 (08:20 h.)
Alumeado
Por outra banda, no mesmo escrito solicitan que se renoven as lámpadas das torres de iluminación no campo de fútbol do San Paio de Refoxos. O recinto ten catro torres, con tres focos en cada unha delas. Neste momento tan só unha ten todos os focos activos, as outras tres só lle funciona un a cada unha. Polo tanto, consideran que é preciso cambiar as lámpadas en mal estado, xa que en calquera momento poden queimarse as que quedan e ter que suspender adestramentos ou partidos. Hai que ter en conta, ademais, que entramos na época de menos luz solar e, polo tanto, a de maior uso dos sistemas de iluminación.Fonte
- Nota de prensa do BNg de Cee.