xoves. 01.05.2025
El tiempo

Piden o arranxo de varias fochancas en Cee e o cambio do alumeado do campo de futbol

Piden o arranxo de varias fochancas en Cee e o cambio do alumeado do campo de futbol
Fochancas en Cee Son as obras a pé de rúa as preferidas do goberno municipal. Por iso estraña ver estas fochancas en varias rúas do Concello ceense. Ante esta situación, o BNG local presentou un rexistro do Concello, un escrito pedindo que se interveña en varias rúas da vila e se arranxen diversas fochancas que están a dar problemas a peóns e automóbiles. Dous dos sitios que máis precisan unha mellora urxente son a intersección da rúa Ferrol coa avenida Fernando Blanco, ao lado da oficina de Abanca, onde un pegote de cemento dificulta o paso de viandantes; e ao lado da discoteca, paso igualmente de persoas a pé, hai outra fochanca. Ademais, convidan tamén ao alcalde a que se poña en contacto coa Xunta da Galiza, de quen é titularidade a C-552 e C-550, para que solicite o arranxo de varios casos similares, tamén sitos en pasos de péons.

Alumeado

Por outra banda, no mesmo escrito solicitan que se renoven as lámpadas das torres de iluminación no campo de fútbol do San Paio de Refoxos. O recinto ten catro torres, con tres focos en cada unha delas. Neste momento tan só unha ten todos os focos activos, as outras tres só lle funciona un a cada unha. Polo tanto, consideran que é preciso cambiar as lámpadas en mal estado, xa que en calquera momento poden queimarse as que quedan e ter que suspender adestramentos ou partidos. Hai que ter en conta, ademais, que entramos na época de menos luz solar e, polo tanto, a de maior uso dos sistemas de iluminación.

Fonte

  • Nota de prensa do BNg de Cee.

Comentarios