Piden a retidada do "inapropiado" cartel instalado polo Concello de Cee en Lires
A polémica en Lires continúa. Despois do falecemento dunha rapaza no mes de agosto, o Concello de Cee colocaba un salvavidas no areal, feito que provocou as críticas da oposición pola falta de previsión e de seguridade.
Pero é que nas últimas horas apareceu colocado polo Concello de Cee, nesme equipo de salvamento do areal de Lires, un cartel que di literalemente o seguinte: “Este dispositivo de salvamento fué colocado por el Concello de Cee el miércoles 27/08/2025. Tras el triste fallecimiento de una chica de 24 años de edad en esta misma playa”
Non tardaron as críticas dende o BNG, que piden a retirada deste "inapropiado" cartel. "Como xa dixemos no pleno de días despois da traxedia, desde o Bng de Cee lamentamos moito o acaecido, do que dito sexa non culpamos a ninguén, mais consideramos que si ben é importante tomar medidas para evitar desgrazas, mais o é que estas sexan obxecto de vixiancia diaria para asegurarse de que están en condicións de seren usadas. O día dos feitos a equipa de salvamento non estaba no sitio, sendo reposto horas despois da fatal traxedia".
Despois de propoñer medidas para tentar evitar que desaparezan os utensilios que poden axudar a salvar vidas, agora fan "a petición de que sexa retirado por considerar fora de lugar a redacción do texto, así como case ofensivo para a familia da falecida. Pedimos que este sexa de aviso e disuasorio para calquera persoa que poida pensar en roubalo, mesmo avisando con tomar medidas contra quen o faga".
Tamén volven facer a petición de que "se coloquen dúas bandeiras vermellas en cadansúa punta da praia que servan para que as persoas que poidan ir ao areal entendan a prohibición de entrar na auga, dado que no areal está restrinxido o baño por contaminación de augas fecais".