Denuncian a instalación de salvavidas na praia de Lires na mesma noite despois do afogamento

Salvavidas na praia de Lires
O salvavidas instalado na praia de Lires
Denuncian a instalación de salvavidas na praia de Lires na mesma noite despois do afogamento

Despois do duelo vvido estes días en Lires tralo pasamento dunha muller, toca facer unha reflexión. Porque a moitos lle resoan as palabras da rexedora de que os socorristas non son necesarios nos areais ceenses

Porque a seguridade na praia de Lires é comprometida, como indica un sinal na entrada do area: “Perigo, correntes mariñas”, Unha advertencia que parece, visto o visto, insuficiente para garantir a nosa seguridade.

Moi grave parece o feito que denuncian varios veciños da vila, que espertaron o mércores (un día despois do suceso), e comprobaron que alguén do Concello instalara dous salvavidas amarrados a unha corda. Uns salvavidas que xa estiveron outros anos no areal, pero que este ano ninguén lembrara, ata o tráxico suceso.

Todo nunha das praias máis fermosas da comarca, pero que sofre a incompetencia das administracións en materia de calidade de augas, e leva máis de 5 anos co cartel de "prohibido o baño" pola eterna e incomprensbile baixa calidade das súas augas. 

Salvavidas na praia de Lires 2
Outro dos salvavidas instalado

Tamén o BNG calificaba de “inaceptable” o feito de que o Concello non aproveitara a subvención da Xunta para socorristas. “Hai profesións que existen para que nunca fagan falla, ou polo menos que non se precisen, pero teñen que estar porque salvan vidas”, apunta o voceiro Sergxio Domínguez.

Máis novas

Comentarios