O Porquiño da Pereiriña abriu a temporada verbeneira con 1.000 racións e moito baile coa París e a Panorama
Impresionante a IX Festa do Porquiño da Pereiriña. A Comisión de Festas Xente da Tralla levou esta festa, nada en 2015, ata outro lugar, esta pasada fin de semana, coa súa tremenda de aposta polo porco ao espeto e as orquestras París de Noia e Panorama, que serviron para arrincar a temporada verbeneira na Cosra da Morte.
A fermosa carballeira da parroquia, engalanada cunhas mesas ideas para facer as merendas, conseguían ser o centro de centos de familias, crianzas, maiores…
Traballaron arreo os 10 integrantes da comisión e máis 30 persoas colaboradoras para vender, ao longo da xornada sabatina, os 17 porcos e unhas 1.000 racións e porquiño coas seus cachelos e chorizo criollo. Non faltaron os cafés, as larpeiras, o pan de ovo, e mesmo as cereixas...
Pola tarde había colchonetas para os peques e o toro mecánico para os máis atrevidos.
Pero a traca final chegaba pola noite… O Campo da Festa rebosaba para ver a dúas das mellores orquestras do país, gozar e bailar ao máximo.