luns. 08.06.2026
El tiempo

O Porquiño da Pereiriña abriu a temporada verbeneira con 1.000 racións e moito baile coa París e a Panorama

Comision de Festas da Festa do Porquino da Pereiriña-Foto-Rafa Quintans
Comisión de Festas da Festa do Porquiño da Pereiriña-Fotos de Rafa Quintáns
O Porquiño da Pereiriña abriu a temporada verbeneira con 1.000 racións e moito baile coa París e a Panorama

Impresionante a IX Festa do Porquiño da Pereiriña. A Comisión de Festas Xente da Tralla levou esta festa, nada en 2015, ata outro lugar, esta pasada fin de semana, coa súa tremenda de aposta polo porco ao espeto e as orquestras París de Noia e Panorama, que serviron para arrincar a temporada verbeneira na Cosra da Morte.

A fermosa carballeira da parroquia, engalanada cunhas mesas ideas para facer as merendas, conseguían ser o centro de centos de familias, crianzas, maiores…

Carballeira de Festas da Festa do Porquino da Pereiriña-Foto-Rafa Quintans 3

Festas da Festa do Porquino da Pereiriña-Foto-Rafa Quintans

Traballaron arreo os 10 integrantes da comisión e máis 30 persoas colaboradoras para vender, ao longo da xornada sabatina, os 17 porcos e unhas 1.000 racións e porquiño coas seus cachelos e chorizo criollo. Non faltaron os cafés, as larpeiras, o pan de ovo, e mesmo as cereixas...

Pola tarde había colchonetas para os peques e o toro mecánico para os máis atrevidos.

Pero a traca final chegaba pola noite… O Campo da Festa rebosaba para ver a dúas das mellores orquestras do país, gozar e bailar ao máximo.

 

Máis info

Comentarios