O PP critica as “vergonzosas” palabras de Valentín González Formoso sobre Picallo
Acodía o presidente da Deputación e Secretario General do PSdeG, Valentín González Formoso, esta pasada fin de semana á presentación da candidatura do PSOE de Cee. E se lle escapaba este “broma” de mal gusto sobre o candidato dos populares Jesús Picallo:
”Formoso superou todas as liñas vermellas da cortesía política ao criticar despectivamente ao candidato popular”, ao que se referiu como "Pícaro Picallo ou Picarallo" mentres atacaba a traxectoria persoal e profesional do candidato popular sen máis argumentos que o modelo de coche que conduces ou o teu éxito na empresa”, denuncian dende o grupo popular local.
Este tipo de declaracións difamatorias foron contestadas polo propio Picallo con ironía e lembrando que Formoso "leva máis de vinte anos nun coche oficial e, loxicamente, non sabe o que é comprar un coche". Picallo tamén aproveitou para lembrarlle ao presidente socialista "que estas concesións que critica foron en Concellos do PSOE", e que a adxudicación do Faro de Lariño "foi realizada polo Consello de Ministros do presidente Sánchez”.