Primeira aparición da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte

Unha das propostas máis agardadas deste inicio dos III Encontros de Filosofía baixo o paraugas "Pensar a voces" (repasaremos o acontecido máis polo miúdo) era a presentación oficial da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte, a ROFCOM.

Unha proposta arriscada, que trata de romper con todas as normas, culturas, paradigmas... establecidos. E abofé que o consegue. A súa posta en escea non deixa a ninguén calado. A performance de Lar Legido á "batería" absorve aatención, pero a conxunción entre o director, Pablo Seoane (ao piano) co baixo e o vento, é clave para disfrutalos. A música experimental quédase curta para definila aposta.

Pero como non se pode contar con palabras, sen máis, deixámosvos cun vídeo ilustrativo. Estarán cada sábado ás 22:30h no Bar La Terraza de El Hórre.

Presentación oficial da ROFCOM

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Novas relacionadas

Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).