Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para os III Encontros de Filosofía

Aberto o prazo de inscrición para os III Encontros de Filosofía
Xa está aberto o prazo de inscrición para os III Encontros de Filosofía na Costa da Morte, que farán da bisbarra o centro do pensamento contemporáneo en Galicia. Será no mes de setembro, cada venres e cada sábado, cando se leven a cabo as sesións. Este ano, os seminarios centraranse en “pensar a voces”. Entre as actividades haberá obradoiros, charlas, mesas redondas, exposicións, performances, concertos, jam-sessions e ata paseos sonoros. A filosofía do curso, e nunca mellor dito, é que os espectadores sexan máis que iso e pasen a ser partícipes. Descontos na matrícula Dende a organización veñen de informarnos dun desconto dun 40% na matrícula para todas as persoas empadroadas nos concellos de Corcubión, Cee e Fisterra. As fichas de inscrición están xa na Casas dos Concellos de cada unha vilas nomeadas. Quen queira matricularse deberá entregar o volante de empadronamento e o xustificante de pago na entidade bancaria correspondente.

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”

Outras novas

Fonte

Comentarios