Prometen un Centro de Día para Cee para o 2016
Seguimos en tempo electoral no Concello de Cee. E con estas datas chegan promesas que veremos se se acaban cumplido. Desta volta é a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a que anunciou a apertura nesta lexislatura (remata en 2016) un centro de día para a localidade de Cee.
A idea é moi boa, e significaría reformar da antiga escola infantil municipal, agora sen uso, para convertela nun equipamento para maiores con dependencia. Sería así un Centro de Día que podería albergar ao redor de 25 prazas.
O edificio ten unhas adecuadas condicións para albergar un servizo para maiores. No documento sinálase que está ben situado, ten espazo exterior, tanto cuberto como descuberto, unha superficie suficiente e o edificio, en xeral, atópase en bo estado de conservación.
Así, a partir de agora, o seguinte paso entre ambas administracións será a redacción do proxecto, que se prevé facer este ano.
Novas relacionadas
- Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”.
- Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).