Venres. 07.08.2020
El tiempo

Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee

Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee
Placido Garcia Insua abre Ciudadanos en Cee

PP, BNG, PSdG e IxCee (ANC non se presenta). Xa sería un bo abano de posibilidades para escoller os 13 concelleiros que estarán en xogo no Concello de Cee nas vindeiras Eleccións Municipais de maio de 2015. Pero teremos ademais dúas novas propostas completando un expectro que podería configurar unha novedosa representación no pleno do vindeiro mes de xuño.

Mañá coñeceremos a pioneira iniciativa de Unión Cidadá, pero hoxe falamos cun histórico da política ceense. Plácido García Insua, tras deixar a mediados desta lexislatura a súa participación en IxCee por discrepancias co ex alcalde Ramón Vigo, vén de constituír Ciudadanos de Cee. O partido que, xunto a Podemos, está a revolucionar o panorama electoral estatal, aterra na vila ceense da man deste home con sangue política.

Xa constituído oficialmente, hoxe mesmo Plácido viaxaba á Coruña para ter unha reunión co coordinador de candidaturas municipais do partido, que vén dende Cataluña.

E valora que “a acollida está sendo moi boa, vese que a xente tiña gañas dun partido suave, nin moi dereitón nin moi esquerdón”. Sinala que xa ten “unha lista case completa, con xente nova que chega con gañas de facer cousas e de escoitar as necesidades do pobo”. Pero en todo caso, e xa se sabe que non todo o mundo quere meter a cabeza na política, ten as portas abertas a aqueles que queiran participar no proxecto para os que abre a posibilidade de poñerse en contacto a través do 670605017.

E mira alto, pero con cabeza. “Loxicamente aspiramos ao máximo, pero hai que ser realistas, e estamos falando dun partido novo, e poñer a camiñar un partido novo é complicado. En todo caso, creo que 4 concellos os podemos sacar perfectamente”.

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

comentarios