QPC aprende na familia de APEM

QPC estivo coa Familia de APEM en Cee

Menudo orgullo e honra a que tivo Quepasanacosta a pasada semana. A Familia da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) de Cee acolleunos na súa casa como un membro máis, e puidemos coñecer de preto aos usuarios e profesionais que manteñen viva esta activa entidade.

Unha visita que nacía a raíz da secciín aberta en QPC aproveitando os "Tesouros de papel" de Fran Martín, un dos seus usuarios. Unha sección que serve para continuar eliminando o estigma da enfermidade mental, e para normalizar a convivencia destas bravas persoas, ademais, claro, de aproveitar o talento natural dun fenómeno (recoñecido por toda a familia de APEM) Fran Martín.

Ubaldo Cerqueiro, coordinador do diario, coñeceu de preto aos Junquera, Inés, Serj, Ramón e compañía, eses que coidan na sombra que todos os usuarios estean ben atendidos. De seguido, no taller, explicou o funcionamento do diario QPC tras estes 8 anos de vida, e se someteu ao interrogatorio dos interesados rapaces e rapazas.

Quedou a porta aberta a novas colaboracións da familia de APEM en QPC, e as trabaladoras sociais e terapeutas ocupacionais xa pensan noutros contidos que poidan aportar os usuarios para o novo "Recuncho de APEM en QPC".

Ubaldo Cerqueiro de QPC, á esquerda, cos membros de APEM na Radio Nordés. Vemos a Almudena de costas e a Marcos e a Fran Martín de fronte

Ubaldo tivo a honra de participar na Tertulia de APEM, ese espazo que a entidade ten cada semana no Vivindo a Costa da Morte que dirixe Josiño Mira na Radio Nordés-Cadena Ser, e ao que unha vez ao mes leva unha persoa para ser entrevistada. Interesantísimas as preguntas dos Marcos, Fran, José Luís e Almudena. Non perdan momento, porque cada pregunta vai onde doe:

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).