Venres. 26.04.2024
El tiempo

O fútbol tamén integra

O fútbol tamén integra
Usuarios de Apem e escolares do Manuela Rial

O deporte une e normaliza, e por iso, o equipo de fútbol da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) disputou hoxe un partido amistoso contra os alumnos de 3º da ESO do Colexio Manuela Rial Mouzo. A idea xurdiu tras a visita destes ao centro que APEM ten en Cee, despois de haber recibido unha charla de concienciación nas aulas incluída dentro da campaña Mentalízate. Vese que mozos e usuarios fixeron boas migas, pois mostráronse encantados de compartir este evento.

O partido tivo lugar as 16.30 no pavillón do colexio e foi bastante reñido, cun resultado final de 5-6 a favor dos alumnos. Isto supón un paso adiante de cara a integración deste colectivo co que APEM leva anos traballando e que segue sendo un gran descoñecido para a sociedade.

Os usuarios participantes destacaron a importancia deste tipo de actos para que a xente os coñeza realmente e desterre os mitos que aínda xiran en torno as persoas con enfermidade mental, como que son xente perigosa e violenta, e vexan que poden levar unha vida totalmente autónoma e normalizada como calquer outro.

Partido entre APEM e Manuela Rial

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios