A rapazada de Brens xa pescou un bo Entroido

Entroido marineiro no CEIP de Brens

Xa están preparad@s para as citas entroideiras da vila da Xunqueira. A rapazada do CEIP de Brens aquelaron onte os seus disfraces de mariñeir@s, prepararon as nasas e as canas, e saíron pescar ao salón de actos do centro para celebrar o xoves de comadres, a comparsa organizada polo profesorado para todo o alumnado.

A temática escollida foi a xente do Mar, xa que é proxecto no que están traballando este trimestre, con diferentes obradoiros e visitas didácticas de familiares e amistades con oficios relacionados. Recrearon así a vida nun porto con rincóns para un pesqueiro, unha chalana, un faro, redeiros e peixeiras... A comparsa preparou varias coplas sobre o tema aconsellando o consumo de peixes e mariscos.

Hoxe venres completan co desfile e baile de disfraces dentro das aulas.

Axenda de Entroidos para gozar a Costa da Morte.