Axenda de Entroidos para gozar a Costa da Morte
08:39 17/02/23
Case unha vintena de programas de Entroido recollemos ao longo destas dúas semanas en QPC e que xuntamos aquí para podermos prepararnos e escoller as mellores citas.
Citas de todo tipo, dende as máis festeiras como a Mikaela de Buño, como as máis tradicionais cos desfiles de Torea e Abelleira e Abelleira en Muros ou dos Mamamitos e Ghuadineros de Cerqueda, Malpica. Pasando ademais pola festa da copla e da retranca que se dá no Concurso de Comparsas de Fisterra.
Un Entroido no que terán moito protagonismo os Entroidos, como o do Caietano de Laxe, as sardiñas de Carballo ou Camariñas, o Faustino e o Farruco de Malpica ou o Facundo de Muros.
Ollo as clásicas citas dominicais de Santa Comba ou Dumbría, ou as sabatinas por Mazaricos e Carnota.
TODOS OS entroidos
-
Cee: Dous días de festa para o Entroido de Cee
-
Muros: Moita variedade para o Entroido de Muros.
-
Carballo: O famoso xabarín, protagonista do bravo Entroido carballés
-
Santa Comba: Santa Comba ponse a correr solidariamente por Entroido.
-
Mazaricos: A rapazada de Mazaricos celebra o seu Festival de Entroido o sábado 18 de febreiro
-
Malpica: Malpica e as súas asociacións preparan 10 días de Entroido de época.
-
Laxe: O Caietano volve ser protagonista do LaxEntroido.
-
Cabana: Cabana busca ao seu Meco
-
Buño: Lito da Panorama dará a misa da Mikalea.
-
Carnota: Un entroido de Batukada e festa das cores en Carnota.
-
Zas: O entroido de Zas chega con música, desfiles, actividades infantís,... e o tradicional concurso.
-
Ponteceso: Ponteceso declara o seu amor ao Entroido.
-
A Milagrosa (Carballo): A Milagrosa fai renacer ao Chorón talado o ano pasado polo Entroido.
-
Laracha: Un gran Martes de Entroido na Laracha.
-
Vimianzo: Fin de semana completa para o Entroido vimiancés.
-
Fisterra: Xa temos o programa completo do Entroido máis tradicional da Costa da Morte.
-
Camariñas: Festa, música, comparsas e o enterro da sardiña para o Entroido de Camariñas.
-
Dumbría: O Entroido de Dumbría namorará na tarde do domingo.
-
Corme: Corme convertirase nun auténtico zoo polo Entroido.