#recitandocelsoemilio o 12 do 12 ás 12:00
Novedosa a proposta nacional #RecitandoCelsoEmilio. Unha proposta cando se cumpre o centenario do nacemento do poeta celanovés, e que parte da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). A acción cultural pretende que todo o país recite a un tempo os versos do poema do autor galego "Deitado frente ao mar".
E na Costa da Morte non estaremos alleos e alo menos, o Concello de Cee prepara unha lectura pública para este mércores 12 do 12, ás 12:00h, como en puntos de todo o país. Será na praza 8 de marzo cando o poeta ceense Suso Bahamonde proceda co recitado público do poema, publicado inicialmente no libro "Longa noite de pedra" (1962)..
O país pretende recuperar así unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. E os verdadeiros protagonistas serán os alumnos pois a iniciativa está enfocada aos centros de ensin.
Ademais do recitado público, as redes sociais tamén serán protagonistas e se agarda que #recitandocelsoemilio apareza nos muros de milleiros de internautas.
Recital poéitico aprazado en Muxía
E teremos que agardar polo recital de poetas da Costa da Morte que estaba previsto para o sábado, 15 de decembro no Concello de Muxía. O Concello teno que aprazar porque coincide que a varios dos participantes se lles presentaron asuntos que non poden deixar, polo que prefiren facer o recital cando se poida con todos os poetas que tiñan previsto.
Máis información
Novas relacionadas
- Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres.
- Serxio Iglesias, feliz coma un peixe polo seu premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).