Martes. 19.03.2024
El tiempo

Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres

Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres
Luz Pozo-Galeria Mulleres Dec 12

A poeta Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) protagoniza o mes de Decembro da Galería Mulleres, esta aposta do Concello de Muxía por recuperar a historia de Galicia, nome a nome, en clave de muller.

Luz Pozo Garza, Membro numerario da Real Academia Galega, foi catedrática de Ensino Medio e impulsora de revistas poéticas como Nordés e Clave Orión. Fixo tamén crítica literaria adentrándose na obra de Martín Códax, Rosalía, Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro e Luís Pimentel. ademais dos seus poemarios e ensaios é autora de numerosos artigos como os publicados en Nordés e Grial. .É aficionada á música e á pintura e foi deportista na súa mocidade. Con 90 anos cumpridos é una muller moi activa e unha poeta moi recoñecida na literatura galega. Para definir a súa poesía tomamos as palabras de Carmen Blanco, estudosa da súa obra: “na súa obra destaca a reflexión sobre a existencia dende una profunda relixiosidade (cristiá pero tinguida de relixiosidade oriental) que se entretece cunha abigarrada intertextualidade, o simbolismo e a indagación do texto literario( para ela a poesía é o discurso da revelación)”

Máis información

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios