Recollen máis sinaturas para a apertura do Castelo de Ameixenda

Pablo Álvarez Caamaño, da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe, recollendo sinaturas en Cee

Segue a sociedade costeira pedindo a apertura dun Ben de Interese Cultural como o Castelo do Príncipe. Non é máis que pedir que se cumpla a lei, pero parece que estamos nun país no que a lei non é igual para todos. O caso é que o Castelo de Ameixenda, que coñecemos polo miúdo gracias a Víctor Castiñeira, non se abre ao público a pesar de ter a obriga de facelo alomenos 4 días ao mes.

Nesa loita atópase a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e nomeadamente Pablo Álvarez Caamaño, que leva dende setembro do ano pasado cunha campaña para o Castelo abra as súas portas.

Precisamente este pasado domingo, Pablo sacou a mesa á Praza do Concello de Cee, para continuar coa súa labor de recollida de sinaturas. Foron moitas as persoas que se achegaron a firmar o documento, e agradeceron os folletos informativos con todo o referente á lei dos BIC.

O propio Pablo recoñece que tamén hai algunha xente (“máis ben pouca”) que alega aquelo de “é privado”, pero “sempre lles digo que o dono, cando o comprou, sabía que compraba un edifício que é patrimonio, con todas as consecuencias que conleva, e as vantaxes tamén, como non pagar IVI”.

A loita continúa.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)