Recollen máis sinaturas para a apertura do Castelo de Ameixenda


Segue a sociedade costeira pedindo a apertura dun Ben de Interese Cultural como o Castelo do Príncipe. Non é máis que pedir que se cumpla a lei, pero parece que estamos nun país no que a lei non é igual para todos. O caso é que o Castelo de Ameixenda, que coñecemos polo miúdo gracias a Víctor Castiñeira, non se abre ao público a pesar de ter a obriga de facelo alomenos 4 días ao mes.
Nesa loita atópase a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e nomeadamente Pablo Álvarez Caamaño, que leva dende setembro do ano pasado cunha campaña para o Castelo abra as súas portas.
Precisamente este pasado domingo, Pablo sacou a mesa á Praza do Concello de Cee, para continuar coa súa labor de recollida de sinaturas. Foron moitas as persoas que se achegaron a firmar o documento, e agradeceron os folletos informativos con todo o referente á lei dos BIC.
O propio Pablo recoñece que tamén hai algunha xente (“máis ben pouca”) que alega aquelo de “é privado”, pero “sempre lles digo que o dono, cando o comprou, sabía que compraba un edifício que é patrimonio, con todas as consecuencias que conleva, e as vantaxes tamén, como non pagar IVI”.
A loita continúa.
Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe
- Castelo do Príncipe (IV): A lexislación
- Castelo do Príncipe (I): A defensa marítima.
- Castelo do Príncipe (II): O contexto da construción do Castelo e das outras fortalezas defensivas das nosas costas.
- Castelo do Príncipe (III): O castelo na actualidade.
Novas relacionadas
- Abril 17: O BNG de Cee pide que se abra ao público o castelo de Ameixenda.
- Marzo 2017: Víctor Castiñeira debullou a historia do Castelo do Príncipe.
- Novembro 2016: Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
- Outubro 2016: A loita polo Castelo do Príncipe continúa na rede
- Setembro 2016: Abren unha campaña de firmas para pedir que o castelo da Ameixenda sexa público.
- 2013: Esixen, unha vez máis, a apertura conforme á lei do Castelo de Ameixenda
- 2009: Denuncia pola apertura do Castelo do Príncipe.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)