Recordando as vellas aulas
01 de outubro de 2013 (08:05 h.)
O pasado venres 27 e con motivo da romería de Santa Minia un grupo de 56 maiores de Cee foron de excursión ata Brión para asistir á misa e visitar á Santa. E unha das cousas que máis lle prestou foi a visita ao MUPEGA, o Museo Pedagóxico Galego, onde recordaron tempos pasados e fixeron un repaso pola historia educativa de Galicia.
No museo atoparon moitos dos materiais didácticos que usaban nos seus tempos, e tamén moitos dos xogos e xoguetes que formaban parte das súas vidas. Sen dúbida foi unha tarde emocionante na que todas e todos coñecias as pezas que forman parte do MUPEGA.
Novas relacionadas
Fonte
- Información e fotos de Fátima Fernández.