Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso estreou o primeiro Museo Etnolúdico de Galicia

Ponteceso estreou o primeiro Museo Etnolúdico de Galicia
Inauguracion do Museo MELGA en Ponteceso

Por fin Galicia ten un espazo cultural adicado á historia do xogo e os deportes tradicionais. E por fin Pondal pode volver disfrutar dos seus xogos de sempre. I é que a riqueza etnolúdica do noso país ben o merece, pero tivo que ser a vontade dun amante dos xogos, e a colaboración dun Concello pequeno como o de Ponteceso, os que levasen adiante un proxecto tan necesario.

Este pasado venres 27 de setembro de 2013 abríu as súas o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), o que podemos entender como o museo do xoguete, situado na Casa da Cultura pontecesá. Foron, ao longo da fin de semana, unhas 300 persoas as que se achegaron ata a vila de Pondal para combinar os xogos en verso, e comprobar en primeira persoa a variedade do museo.

O gran culpable deste Museo non é outro que Ricardo Pérez e Verdes, que leva ducias de anos recompilando historias e material para encher este e outros dous museos. Son máis de 5.000 pezas as que recolle o museo a través da propia Fundación Ricardo Pérez e Verdes. Dado o amplo número das mesmas, estas exhibiranse de forma rotatoria ao longo do ano, realizando ademais exposicións monográficas.
O propio Ricardo estivo a pé de museo toda a fin de semana, explicando en primeira persoa como se xogaba á maruxaina, a tumba galega...

El mesmo recoñece que o "Melga nace coa vocación de recuperar e divulgar o patrimonio lúdico-deportivo de Galicia, ademais de contribuír ao coñecemento e interpretación do xogo no seu contexto histórico mundial, tendo como obxectivo primordial salvagardar a memoria colectiva".

Nas dúas próximas semanas o Museo permanecerá pechado ao público para concluír o seu acondicionamiento.

O xogo tradicional é o protagonista do Museo MELGA de Ponteceso

Edificio

O Museo Etnolúdico Galego (MELGA) está situado dentro das instalacións da Casa da Cultura do municipio pontecesán, situado no que outrora foi o Campo de fútbol do S.D. Ponteceso, un edificio de recente construción e de arquitectura modernista. O Museo conta con dúas salas de exposición, de catrocentos metros cadrados cada unha. A primeira delas dedicada á evolución histórica do xogo, desde a prehistoria ata a actualidade. A segunda sala presenta unha mostra significativa de xogos tradicionais de Galicia e resto de comunidades, así como doutros países. Así mesmo exhíbese material deportivo moderno, aportado por destacados deportistas.

Proxectos

Entre os próximos proxectos do Museo está a creación dun Centro de Estudo, integrado por máis quince mil documentos de temática lúdico deportiva, que aportará a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, converténdose así nun dos principais centros de España especializados na historia do xogo.
A medio prazo tamén está previsto a creación dunha Escola de Monitores de Xogos e Deportes Tradicionais, así como un conxunto de Escolas Taller de Oficios Tradicionais, tristemente esquecidos e que se atopan en fase de extinción.

Outro detalle do Museo MELGA

Aberto o prazo de reserva de visita para grupos

Pero este é un marco ideal para unha visita escolar. Así que o Museo abriu o prazo para reservar data de visita a grupos escolares durante o ano académico 2013/14, así como a asociacións, grupos de terceira idade, persoas con disfunciones...
As visitas serán guiadas por técnicos divulgadores do museo, quen ademais instruirán aos visitantes na práctica de diferentes xogos na pista anexa ao mesmo. As persoas interesadas poden realizar a súa solicitude chamando ao teléfono 981 715442. A duración media das visitas é de 120 minutos.

Museo Melga -Foto-Sofia Araceli Fondo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios