Rescatado un home en helicóptero nunha cala de Lires

Onte o helicóptero da Xunta tivo traballo. Non o Helimer con base en Lires, senón que foi o Pesca 1, con base en Vigo o que acodía ao rescate dun home nunha das calas do norte de Lires, en dirección Canosa. Emerxencias recibía a chamada ás 19:05h de onte martes 13 de agosto, sinalando que o seu irmán se tirara ao auga e se dera un forte golpe na cabeza. Falamso dun home de 35 anos, natural do lugar de Canosa, e que leva moitos anos emigrado en Suiza e volve polo verán.

Ao lugar, no medio das rochas e de difícil acceso, acodiron rapidamente Urxencias Médicas, que conseguiron inmbolizar ao paciente. Pero a evacuación non era sinxela polo que dende o 112 mobilizaron ao helicóptero de Salvamento Marítimo Pesca 1.

Ás 21:00h xa fóra trasladado ao Hospital de Cee, segundo informaba Protección Civil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).