Xoves. 28.03.2024
El tiempo

En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos

En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos

Obra en marcha, foto ao canto. Como lles segue a gustar aos políticos da zona. Xa o vivimos a pasada semana co alcalde de Muxía (PSOE) e a famosa "primeira pedra" do, neste caso, Parador. Onte foi o Conselleiro de MATI Agustín Hernández (PP) o que se achegaba a zona para visitar as obras da VAC.

Ao tempo os populares de Cee critican a visita do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, para ver como van as obras da base do helicóptero de Lires. Para o PP, "Caamaño utiliza os seus últimos días no Ministerio para promocionarse como cabeza de lista do PSDEG" considerando a acción unha "tomadura de pelo porque apenas hai construído un 20% do heliporto".

Os terreos deste heliporto xa foron cedidos por vía de urxencia a finais de 2010, por iso non se entende que un ano despois e a poucos días de que conclúa o período de inauguracións, queiran tomar posesión deles. Para Zaira Rodríguez, o diñeiro que se gastan estes ministros en publicitarse a si mesmos, "debería investirse en finiquitar as obras que teñen pendentes na Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Cee.

Comentarios