Rescatan unha muller de 90 anos que levaba un día no chan

Levaba un día sen dar sinais (tiña o pan sen recoller, por exemplo), polo que os veciños, con mi bo criterio, alertaron ao 112. Os Bombeiros de Cee, ademais do 061 e a Garda Civil acodiron de contado á vivenda situada en Cee, e efectivamente atoparon á señora, de 90 anos e que vive soa, tirada no chan. Estaba consciente pero precisaba asistencia sanitaria ao non poder erguerse.

Bombeiros e sanitarios acodiron ao seu rescate, pero dende os Bombeiros recoñecen a importancia de coidarmos aos nosos veciños.