Rescatan unha nai que quedara pechada no balcón cunha nena no interior da vivenda

Este mediodía, arredor das 12:00h, os Bombeiros de Cee tiveron que acodir a unha vivenda en Cee para rescatar unha muller que quedara encerrada no balcón. Ademais, a súa nena de 2 anos estaba soa no interior.

Os Bombeiros accederon dende o piso de enfronte á terraza raseira da vivenda, e rompendo un cristal accederon ao interior da vivenda para abrir o balcón e tranquilizar a nena, e abrirlle a porta da terraza á nai.

Todo quedou nun susto.