Rueda pediulle a Jesús Picallo que saque a Cee do “conformismo e da inercia que o deixaron encallado”

Jesús Picallo escoltado por Diego Calvo e Alfonso Rueda nunha ateigada Casa da Cultura

Tras varios meses exercendo, Jesús Picallo viviu onte o seu primeiro baño de multitudes. A Casa da Cultura de Cee enchíase para celebrar a súa presentación oficial como candidato do Partido Popular á alcaldía de Cee para as eleccións do vindeiro 28 de maio.

Ao acto asistiu o mesmo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, quen definiu a Jesús Picallo como “unha persoa dedicada ao benestar da xente” e puxo en valor os seus anos de dedicación á hora de facer que a Costa da Morte, e por tanto tamén Cee, sexan un dos destinos máis atractivos para visitar, pero tamén “un Cee atractivo para investir, para fundar unha familia e para vivir”. Rogoulle que saque “a Cee das pedras do conformismo e da inercia onde o deixaron encallado catro anos de socialismo”.

Foto-Rafa Quintáns

O empresario presentouse como unha “alternativa seria e comprometida”, como “unha persoa capaz de “unir” a todas as persoas que están desexando un cambio de rumbo na maneira de xestionar o municipio. Picallo apelou á creación dun “gran equipo” que sexa capaz de presentar unha alternativa “sería e comprometida” fronte a un Goberno local “caduco” e incapaz de presentar proxectos de futuro.
Lembrou ademais que o PP recibe o apoio maioritario dos veciños nas eleccións autonómicas e xenerais e que chegou o momento de que iso suceda tamén nas municipais .

Foto-Rafa Quintáns

 

Máis novas das Eleccións