SEA avanza na urbanización do parque empresarial de Cee
A xerente de SEA, Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, acompañada polo responsable comercial da entidade estatal, Jose Rey, acudiron ao Concello de Cee esta mañá para analizar varios asuntos arredor da urbanización do parque empresarial.
Entre os detalles, falaron da remodelación do acceso ao polígono, o estado urbanístico das obras da rotonda e a humanización da senda pola que transcorre o Camiño Inglés. Para todas estas obras de humanización, que incorpore zonas verdes e no que se implanten medidas de aforro enerxético, SEA investirá 1 millón de euros.
A realidade é que o parque empresarial de Cee é un dos que menos medra da comarca. A súa imaxe é desesperanzadora, e a día de hoxe conta cunha unha superficie bruta de 201.782 metros cadrados dos cales aproximadamente se destinan uns 106.805 metros cadrados a parcelas de distinto uso para dar cabida a todo tipo de actividades empresariais.