Sufocan un pequeno incendio de cableado nunha nave da Avda. Fernando Blanco de Cee

Os Bombeiros de Cee tiveron que acodir esta pasada noite de domingo a sufocar un pequeno incendio que afectaba a varios cables nunha empresa da parte alta da Avda. de Fernando Blanco. Eran as 23:30h cando era alertados e en media hora, con apenas un extintor de CO2 conseguían sufocar o lume e verificando que o teito da nave non se vise afectado.