Sufocan un vehículo que se incendiou na rotonda do Hospital de Cee

Esta pasada tarde de domingo, arredor das 18:35, os Bombeiros de Cee tiveron que sufocar o incendio dun vehículo que estaba situado no paseo do Alcalde Pepe Sanchez, rotonda do hospital, Cee.

Á chegada dos bombeiros o coche ardía por completo, non habendo danos persoais. Os Bombeiros procederon a súa extinción, ata que o guindastre recolleu o vehículo.