Talía Teatro organiza unha función solidaria por Palestina da súa premiada obra
07 de maio de 2024 (07:53 h.)
Mentres estrea un novo espectaculo, “Desexo”, una comedia para público xuvenil e adulto que trata sobre a educación afectivo-sexual, a compañía Talía Teatro prepárase para facer unha función solidaria co pobo palestino na súa casa, en Cee.
A cita será este sábado 11 de maio na Casa da Cultura de Cee ás 20 h e os asistentes poderán ver a obra “Unha inimiga do pobo”, que vén de arrasar nos premios María Casares.
A compañía costeira quere amosar o seu apoio ao pobo palestino, que está sufrindo un brutal xenocidio e vivindo unha situación humanitaria límite.
As entradas están á venda na Biblioteca Municipal de Cee e na Óptica Safa. Tamén hai habilitadas entradas fila 0.
O importe recadado será doado a UNRWA España.