A “familia” de Talía Teatro arrasa con 7 Premios María Casares

Inesquecible noite a de onte a que viviu Talía Teatro nos XXVIII Premios de Teatro María Casares. A “familia” costeira foi a gran triufandora dos premios do teatro galego sumando 7 sete dos nove galardóns aos que aspiraba a súa obra ‘Unha inimiga do pobo’.
A comprometida obra do grupo santiagués formado principalmente por xente da nosa comarca, levou os premios a:
- Mellor Espectáculo, que recolleu o director da compañía o dumbirés Artur Trillo
- Mellor Dirección para Tito Asorey, que compartiu con Quico Cadaval, director de “O Auto de Castromil”
- Mellor Actriz Protagonista para a fisterrá Marta Lado,
- Mellor Actor Secundario para o ceense Toño Casais,
- Mellor adaptación-tradución para Vanesa Sotelo e Tito Asorey,
- Mellor Espazo Escénico, para o ceense Dani Trillo.
- Mellor Iluminación, para Laura Iturralde.

Con emoción foron subindo ao escenario os representantes costeiros, e ademais de agradecer ás súas familias e demais, todos fixeron referencia á “familia” que forma este colectivo de artistas. Foi Artur Trillo o que despois de agradecer as axudas do AGADIC para poder levar a cabo un proxecto tan ambicioso e complexo, pediu que se dupliquen as programacións, que se fagan varias funcións en cada lugar.

Unha gala combativa
A cita máis importnte do ano para o teateo galego volveu quedar orfa da TVG, como lembrou no discurso oficial da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a súa presidenta Arantza Villar. Un discurso no que tamén incluíu mensaxes antibelicistas fronte á invasión en Gaza, mostras de apoio aos traballadores e as traballadoras da dobraxe que están a reclamar o cumprimento do seu convenio colectivo e críticas á CRTVG. “Reclamamos que o ente público sexa verdadeiramente transparente e transversal, alleo á manipulación. Solicitamos que se cumpra a Lei de Medios. Merecemos outra televisión”, rematou Villar.
Os Premios
- MAQUILLAXE: Baia Fernández por Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro.
- VESTIARIO: Carlos Alonso por O Auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG.
- ILUMINACIÓN: Laura Iturralde por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
- ESPAZO ESCÉNICO: Dani Trillo por Unha inimiga do pobo, de Talia Teatro.
- ESPAZ SONORO: Mónica de Nut por Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro.
- ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Vanesa Sotelo e Tito Asorey por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
- TEXTO ORIXINAL: Manuel Cortés por Códice K, de Ainé.
- ACTOR PROTAGONISTA: Toni Salgado por Shakespare en Roma, do CDG.
- ACTRIZ PROTAGONISTA: Marta Lado por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
- ACTRIZ SECUNDARIA: María Roja por Entrega en man, de Contraproducións.
- ACTOR SECUNDARIO: Toño Casais por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
- DIRECCIÓN: (Ex aequo) Tito Asorey, por Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, e Quico Cadaval por O auto do Castromil, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG.
- DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Gonçalo Guerreiro e María Torres por Un hotel de primeira sobre o río, do CDG.
- ESPECTÁCULO: Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro.
- ESPECTÁCULO INFANTIL: Crisálida, de Caramuxo Teatro.
- ESPECTÁCULO DE MONICREQUES: Nanai da China, de Pérez&Fernández.
A GALA
Na cerimonia de entrega tiveron gran protagonismo as lendas do mar, o espírito atlántico e dous arquetipos fundamentais no imaxinario marítimo universal con gran amor polo canto: os piratas e as sereas.
Podedes vela gala aquí:
CRÓNICAS DO MARÍA CASARES
- María Casares 22: Talía Teatro volve con premio dos María Casares.
- María Casares 2020: Martina Cambeiro, de Talía Teatro, repite Premio María Casares.
- María Casares 2019: Os Premios María Casares traen tres galardóns para a Costa da man de Talía Teatro.
- María Casares 2018: Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- María Casares 2017: Acento costeiro nos Premios María Casares do teatro galego.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.