O Teatro ceense recibe outro premio
Hai canteira no teatro ceense. O grupo de teatro do IES Fernando Blanco, Tuéjele Teatro, vén de acadar o Premio ao Mellor Elenco na XVII edición dos Premios Buero de Teatro Joven, pola obra “A estraña parella”, da obra homónima de Neil Simon.
Os profes do centro Fernando Castro Paredes (que ademais fixo a adaptación) e Marina Gómez Pose dirixen a obra na que Ana Oca e Paula Pérez son as protagonistas. Pero o galardón dase a todo o elenco, formado por Lena, Paula, Ana, Lucía, Mariña, Lucía S., Paula I., Manuel, Julio e Xabi.
Do mesmo xeito, “Farándula Velutina”, agrupación teatral integrada por antigos membros de Tuéjele Teatro, obtivo o Premio á Mellor Creación escénica con Temática Social, polas obras Papiroflexia e Animais de compañía ámbalas dúas de Fernando Castro Paredes.
Novas relacionadas
- A Escola de Teatro de Cee encheu o auditorio para a estrea da súa nova obra.
- Fernando Castro Paredes gaña o II Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual.
- Papiroflexia abre o 1º Ciclo de Teatro Amador Galego AMATEGA .