Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Escola de Teatro de Cee encheu o auditorio para a estrea da súa nova obra

Escola de Teatro Municipal de Cee coa Obra O cadáver do señor García
A Escola de Teatro de Cee encheu o auditorio para a estrea da súa nova obra

Cheo aboluto no auditoiro Baldomero Cores para ver esta pasada fin de semana a nova obra da Escola Municipal de Teatro de Cee. “O cadáver do señor García”, dirixida por Artur Trillo, sacou as risas dos centos de espectadores que quixeron ver a faceta máis artística dos seus veciños María José Traba, Tito Rodríguez, Yolanda García Leal, Serxio Domínguez, Rosa González, Fina Vieites, Belén lado, Iván Rodríguez, Belén Lema, María José Castro, Pablo Castro, Eduardo Louredo e Xosé Lois López.

É unha comedia histórica, cun texto de Enrique Jardiel Poncela, estreada no Teatro de la Comedia de Madrid en 1930. Agora, trece actores de Cee participaron levaron a cabo a escenificación na súa casa e xa preparan a seguinte representación, o vindeiro 29 de marzo en Vedra.

Comentarios