Un camión cargado de grava envorca ao carón do campo de fútbol de Cee

Camión envorcado na zona de San Paio de Refoxos-Foto-Rafa Quintans

Corrían as 9:30h cando un camión cargado de grava circulaba ao carón do campo de fútbol municipal San Paio de Refoxos de Cee, e envocaba. O condutor conseguía saír coa axuda duns veciños, cun golpe na cabeza e queixábase dunha forte dor no ombreiro.

Ata alí, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, desprazáronse os técnicos sanitarios, a Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Cee. Os bombeiros indicaron que houbo algo de fuga de gasóleo e líquidos procedentes do camión -a causa do impacto- e que tiveron que taponar. A Policía Local de Cee se fai cargo do balizamento e de asegurar a zona ata a chegada do guindastre, que protagonizou arredor das 16:00h, unha curiosa escena. Unha escena que se alongou ata as 19:00h, cando aínda non puidera o guindastre, erguer o camión.

O ferido foi trasladado por Urxencias Médicas ao Hospital de referencia.

O camión estaba cheo de grava-Foto-Rafa Quintans
O accidente tivo lugar ao carón do campo de fútbol ceense-Foto-Rafa Quintáns
Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans
Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans

Outro accidente

Xa ás 11:30h, a Policía Local e Protección Civil tiña que trasladarse a un choque fronto-lateral entre dous vehículos, un Dacia Sandero e un Peugeot 205, a altura da Avda. Fisterra 46 da vila xa Xunqueira.

A condutora do Dacia tivo que atendida pola Ambulancia, en principio, de feridas leves. Os Bombeiros de Cee tiveron que acodir para retirar os vehículos para restablecer a circulación e limpar a estrada. O Dacia tiña danos leves pero o Peugeot sufre danos maiores e quedaba á espera do guindastre para levalo.

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).