Martes. 16.04.2024
El tiempo

Un camión cargado de grava envorca ao carón do campo de fútbol de Cee

Un camión cargado de grava envorca ao carón do campo de fútbol de Cee
camion-envorcado-en-cee-foto-rafa-quintans-1 Camión envorcado na zona de San Paio de Refoxos-Foto-Rafa Quintans

Corrían as 9:30h cando un camión cargado de grava circulaba ao carón do campo de fútbol municipal San Paio de Refoxos de Cee, e envocaba. O condutor conseguía saír coa axuda duns veciños, cun golpe na cabeza e queixábase dunha forte dor no ombreiro.

Ata alí, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, desprazáronse os técnicos sanitarios, a Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Cee. Os bombeiros indicaron que houbo algo de fuga de gasóleo e líquidos procedentes do camión -a causa do impacto- e que tiveron que taponar. A Policía Local de Cee se fai cargo do balizamento e de asegurar a zona ata a chegada do guindastre, que protagonizou arredor das 16:00h, unha curiosa escena. Unha escena que se alongou ata as 19:00h, cando aínda non puidera o guindastre, erguer o camión.

O ferido foi trasladado por Urxencias Médicas ao Hospital de referencia.

camion-cheo-de-grava-envorcado-en-cee-foto-rafa-quintans O camión estaba cheo de grava-Foto-Rafa Quintans camion-envorcado-en-cee-foto-rafa-quintans O accidente tivo lugar ao carón do campo de fútbol ceense-Foto-Rafa Quintáns Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans

Outro accidente

Xa ás 11:30h, a Policía Local e Protección Civil tiña que trasladarse a un choque fronto-lateral entre dous vehículos, un Dacia Sandero e un Peugeot 205, a altura da Avda. Fisterra 46 da vila xa Xunqueira.

A condutora do Dacia tivo que atendida pola Ambulancia, en principio, de feridas leves. Os Bombeiros de Cee tiveron que acodir para retirar os vehículos para restablecer a circulación e limpar a estrada. O Dacia tiña danos leves pero o Peugeot sufre danos maiores e quedaba á espera do guindastre para levalo.

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios