Un ferido tras bater contra a fachada do hospital de Cee

O ferido foi traslado en ambulancia até a porta de Urxencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Imaxe: Marcos Rodríguez Unha persoa resultou ferida esta madrugada ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba e bater contra a fachada do hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Segundo indican dende o Parque de Bombeiros de Cee, que recibiron a chamada de aviso ao redor das 3:30 horas, o choque foi ao carón da porta principal. O ferido foi trasladado pola ambulancia até a porta de Urxencias. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Cee