![hospital-virxe-xunqueira]()
O ferido foi traslado en ambulancia até a porta de Urxencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Imaxe: Marcos Rodríguez
Unha persoa resultou ferida esta madrugada ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba e bater contra a fachada do hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Segundo indican dende o Parque de Bombeiros de Cee, que recibiron a chamada de aviso ao redor das 3:30 horas, o choque foi ao carón da porta principal. O ferido foi trasladado pola ambulancia até a porta de Urxencias.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee