Un pequeno regalo chamado Egueire

Así avanza a Maternidade que Egueire está erguendo en Costa de Marfil
O párroco Desirée na Cea Solidaria de Egueire

Gústanos seguir moi de preto as actividades das organizacións costeiras que teñen vinculación con outros mundos. Unha delas é a ONG Egueire, que segue traballando para sacar adiante o soño de abrir unha maternidade en Costa de Marfil. Un soño que cada vez está máis preto, e o pequeno Egueire así o corroborará.

Egueire será o nome do primeiro neno que naza na maternidade que marfileña. Unha maternidade que esperan porde inaugurar oficialmente en agosto de 2017.

Para elo seguen traballando na zona, e dende aquí, colleitando fondos para poder pintar e amoblar o edificio. O máis importante, en todo caso, é conseguir o material sanitario, e nese sentido o equipo dirixido polo párroco Desiré segue buscando entidades que queiran colaborar doando ese material.

Unha das últimas accións solidarias que realizaron tivo lugar a mediados de decembro, con esa II Cea Solidaria, á que asistiron un total de 146 persoas. O propio Desirée, ademais de agradecer a colaboración dos comercios da zona que doaron os regalos que se sortearon ao remate da cea, repasou o estado dos proxectos da entidade, así comoas vindeiras actuacións para este curso.

Cea Solidaria de Egueire no Hotel Insua de Cee

Ademais proxectaron o vídeo realizado na última viaxe que fixeron parte da directiva e colaboradores o pasado mes de agosto. Un vídeo onde pode comprobarse a situación do país e como evolucionan os proxectos da ONG como a Maternidade:

Agora, só nos queda seguir aportando o noso grao de area para que naza Egueire.

 

Novas relacionadas

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)