Un pequeno regalo chamado Egueire
Gústanos seguir moi de preto as actividades das organizacións costeiras que teñen vinculación con outros mundos. Unha delas é a ONG Egueire, que segue traballando para sacar adiante o soño de abrir unha maternidade en Costa de Marfil. Un soño que cada vez está máis preto, e o pequeno Egueire así o corroborará.
Egueire será o nome do primeiro neno que naza na maternidade que marfileña. Unha maternidade que esperan porde inaugurar oficialmente en agosto de 2017.
Para elo seguen traballando na zona, e dende aquí, colleitando fondos para poder pintar e amoblar o edificio. O máis importante, en todo caso, é conseguir o material sanitario, e nese sentido o equipo dirixido polo párroco Desiré segue buscando entidades que queiran colaborar doando ese material.
Unha das últimas accións solidarias que realizaron tivo lugar a mediados de decembro, con esa II Cea Solidaria, á que asistiron un total de 146 persoas. O propio Desirée, ademais de agradecer a colaboración dos comercios da zona que doaron os regalos que se sortearon ao remate da cea, repasou o estado dos proxectos da entidade, así comoas vindeiras actuacións para este curso.
Cea Solidaria de Egueire no Hotel Insua de CeeAdemais proxectaron o vídeo realizado na última viaxe que fixeron parte da directiva e colaboradores o pasado mes de agosto. Un vídeo onde pode comprobarse a situación do país e como evolucionan os proxectos da ONG como a Maternidade:
Agora, só nos queda seguir aportando o noso grao de area para que naza Egueire.
Novas relacionadas
- A maternidade de Egueire en Costa de Marfil segue medrando.
- A ONG Egueire pide o compromiso da bisbarra cunha Cea Solidaria.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])