Un sábado emotivo e nutricional con Fernando Blanco

Alumnas do IES conducindo a procesión da Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintáns

Semanas de vertixe cultural a da Fundación Fernando Blanco. O completísimo programa O Mes da Fundación tivo o seu contrapunto na entrega das becas aos mellores expedientes do IES homónimo, facendo un novo guiño á historia do mecenas.

Un sinal máis, como a ofrenda e a misa na honra de Fernando Blanco e do profesorado, alumnado e persoal do Instituto, celebrada na capela do mesmo, o pasado sábado. Unha cita sempre emotiva que serve para lembrarlles aos alumnos que xa forman parte da historia da vila da Xunqueira.

Tomaron a palabra Chelo T. Lago (Directora do IES Fernando Blanco e integrante do Padroado da Fundación), Ana Blanco Lago, Elisa Lema Gómez e Carmen Ramón Fernández (alumnas que recibiron 3 dos Premios Académicos do pasdo curso e que portaron a ofrenda floral), Iván Pérez e o párroco Ramón Insua, Madrigalia G M Música (sen palabras ante esa voz de Gemma Román e o acompañamento ao piano) e foi Fran Cives (o "noso gaiteiro") o encargado de poñer ese Hinmo do Antigo Reino de Galicia que a todos emocionou.

A directora Chelo e as alumnas do IES Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans
Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans

A sesión completouse coa conferencia de Carlos Spuch, Doutor en Bioloxía e Investigador do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia-Sur, que falou sobre como unha boa alimentación inflúe de maneira moi positiva no desenvolvemento cerebral e na prevención de certas doenzas coma o alzheimer, o Parkinson, a esquizofrenia, etc.

Unha charla que despertou un grandísimo interés e na que o público participou formulando moitísimas preguntas que Carlos respondeu ata case as 23 horas.

Conferencia de Carlos Spuch en Cee

Novas relacionadas

Máis novas

Gañadores dos Premios Fernando Blanco

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).