Un sábado emotivo e nutricional con Fernando Blanco
Semanas de vertixe cultural a da Fundación Fernando Blanco. O completísimo programa O Mes da Fundación tivo o seu contrapunto na entrega das becas aos mellores expedientes do IES homónimo, facendo un novo guiño á historia do mecenas.
Un sinal máis, como a ofrenda e a misa na honra de Fernando Blanco e do profesorado, alumnado e persoal do Instituto, celebrada na capela do mesmo, o pasado sábado. Unha cita sempre emotiva que serve para lembrarlles aos alumnos que xa forman parte da historia da vila da Xunqueira.
Tomaron a palabra Chelo T. Lago (Directora do IES Fernando Blanco e integrante do Padroado da Fundación), Ana Blanco Lago, Elisa Lema Gómez e Carmen Ramón Fernández (alumnas que recibiron 3 dos Premios Académicos do pasdo curso e que portaron a ofrenda floral), Iván Pérez e o párroco Ramón Insua, Madrigalia G M Música (sen palabras ante esa voz de Gemma Román e o acompañamento ao piano) e foi Fran Cives (o "noso gaiteiro") o encargado de poñer ese Hinmo do Antigo Reino de Galicia que a todos emocionou.
A directora Chelo e as alumnas do IES Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa QuintansA sesión completouse coa conferencia de Carlos Spuch, Doutor en Bioloxía e Investigador do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia-Sur, que falou sobre como unha boa alimentación inflúe de maneira moi positiva no desenvolvemento cerebral e na prevención de certas doenzas coma o alzheimer, o Parkinson, a esquizofrenia, etc.
Unha charla que despertou un grandísimo interés e na que o público participou formulando moitísimas preguntas que Carlos respondeu ata case as 23 horas.
Conferencia de Carlos Spuch en CeeNovas relacionadas
- Fundación e IES recuperaron a tradición histórica de Fernando Blanco de premiar os mellores expedientes.
- O Gaiteiro Bucólico levou aos nenos de Cee de viaxe polos instrumentos tradicionais.
- Anxo Pintos devolveu a música á Idade Media no Mes da Fundación.
- O Mes da Fundación achega a tradición aos máis pequenos.
- As científicas silenciadas abriron o programa do Mes da Fundación
- Outubro é o mes da Fundación Fernando Blanco.
Máis novas
Gañadores dos Premios Fernando Blanco
- Os Relatos da Fundación: Renacer.
- Os Relatos da Fundación: Quero ser mariñeiro.
- Os Relatos da Fundación: O Corazón do Mar.
- Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: Explorando a Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: A perdición galega.
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).