Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo
Sempre falamos da importancia de saír e ver mundo para os nosos rapaces. Parte da redacción de QPC así o vivíu e disfrutou, cun par de longos viaxes e unha beca Erasmus que nos cambiou a vida. Aínda esta mesma fin de semana falamos cunha rapaza ceense que a día de hoxe fai un Voluntariado Europeo en Portugal, e que precisamente nos dixo que intentaría escribir sobre a posibilidade que nos abre o mundo, para ver se hai máis rapaces que se animan a dar o paso.
Hoxe toca falar en clave de viaxe de fin de curso, pois o IES Agra de Raíces continúa coas viaxes de despedida da Educación Secundaria Obrigatoria recorrendo ciudades europeas, así como outros cursos elixiran Dublín ou Londres, este ano foi a capital de Alemania a elixida para a despedida.
Baixo a coordinación e organización da vicedirectora do centro, Esperanza Videla, partiron cara Berlín 19 alumnas e alumnos de 4º de ESO acompañados polos profesores Fernando Casanova e Sonia López.
Alí puideron desfrutar dunha cidade que se move entre a tradición e a modernidade, onde o cutre se convirte no máis cool, unha cidade de artistas e de museos. Entre os museos visitados atópanse o The Story of Berlin no que se incluía unha visita guiada a un búnker atómico orixinal, o DDR museum onde se pode observar a vida na antígua RDA e o Deutsches Technik Museum Berlín, lugar perfecto para emprender unha viaxe a través da ciencia.
Pero non só foron museos o que visitaron, senón que se introduciron no día a día e na historia da cidade visitando os seus monumentos e acudindo ós seus parques e mercados.
Así, estiveron en varias ocasións en Plaiser Platz, onde se atopa a coñecida Porta de Branderburgo, no monumento ó Holocausto, catedral e illa dos museos, por onde deron un paseo en barco polo río Spree para coñecer a cidade dende outra perspectiva. Visitaron as coñecidas prazas Gendarmenmarkt e Bebelplatz e viviron o ambiente berlinés da céntrica AlexanderPlatz. En canto a prazas non podía faltar a visita a PostdamerPlatz, arrasada durante a segunda guerra mundial e dividida en dúas polo Muro de Berlín converténdose na actualidade na zoa que representa o Berlín moderno arquitectónicamente, onde se atopa a tan visitable cúpula de cores que alberga o edificio Sony Center.
Cruzaron o Chek Point Charlie, paso fronteirizo máis coñecido do Muro de Berlín e pasearon ó longo dos case kilómetro e medio de muro que compón a East Side Gallery , coñecida como a maior galería de arte ó aire libre do mundo e tamén puideron observar a dureza da guerra no aspecto aínda negro e magullado da igrexa Memorial Kaiser Wilhelm.
Ata un campo de concentración
Unha das actividades que máis impactou a alumnos e profesores foi a visita ó Campo de Concentración de Sachsenhausen-Oranienburg onde puideron percibir o horror que viviron alí milleiros de presos políticos e xudeos. Para contrarrestar esta visita houbo tamén momentos de diversión, relax e de descanso nos xardíns do Palacio de Charlotenburgo, en Tiergarten e no frecuentado Parque Mauerpark que pasou de ser unha antígua franxa da morte en época do Muro a ser unha zoa viva de música e xogos, a preferida polos berlineses para pasar os domingos.
Encantados voltaron alumnos e profesores desta experiencia de 6 días na capital alemana onde viviron in situ moitas das clases de historia explicadas durante varios cursos escolares.
Novas relacionadas
- O IES Agra de Raíces está de wiki-noraboa.
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
- O Agra Raíces pechou o curso máis Solidario.
- 2014: Unha viaxe do Agra Raíces para abrir mentes.
- 2014: Alumnos de Cee practican o seu portugués en Coimbra.
- 2013: Os alumnos dos centros de Cee despiden o curso de viaxe.
- 2010: Do Instituto ao British Museum ampliando horizontes.
Fonte
- Información do Agra Raíces da man de Sonia López.