As Unitarias de Cee, da concienciación medioambiental ao uso responsable das pantallas

Interesantes actividades as que están apromover dende as bravas Unitarias de Cee (o pequeno colexio CEIP de Brens e da Escola de Educación Infantil da Pereiriña). Este xoves 28 de maio participaron nunha recollida de lixo dirixida por voluntarios da asociación ecoloxista sen ánimo de lucro "Limpocean" na praia de Estorde (Cee).

Un total de 30 pequen@s de entre 3 e 8 anos recolleron casi 22 kg. de crebas como botellas, cordas, plásticos, tapóns... en menos de dúas horas. Foi unha xornada moi divertida e productiva onde calou a mensaxe da importancia do coidado do mar/praias e impresionou a cantidade de crebas recollidas nunha praia aparentemente limpa a primeira vista. "O balance foi tan positivo que pensamos repetir a experiencia nos vindeiros cursos", aseguran dende o centro.

Charla sobre pantallas

Por outra parte, as escolas preparan para os días 29 de maio en Pereiriña e o 5 de xuño en Brens, ambas ás 5 da tarde, unhas charlas formativas para as familias impartidas polo galardoados cos premios aos mellores docentes de España 2025, Óscar Rey Calo e Fina Paulos Lareo sobre o "Uso responsable da tecnoloxía no ámbito familiar e escolar".