A veciñanza asina contra o Parque Eólico de Sembra

Foto do posto da ADECOM, por Juan Louro

Máis de 300 alegacións foron asinadas este pasado domingo, no posto informativo que a ADECOM colocou no Mercadillo de Cee. Foi no marco dunha campaña por dar luz a este proxecto que supón acabar coa úlrima zona libre de eólicos.

A veciñanza amosou a súa preocupación pola cercanía ás casas dos macroeólicos e o beneficio practicamente nulo que traen de retorno para o pobo.

Ante o éxito da iniciativa en Cee, ADECOM desprazará o seu posto informativo a Fisterra e Dumbría, municipios tamén afectados polas infraestruturas do Parque Eólico Sembra; as citas serán en Fisterra este venres 13 a partir das 11 horas no Mercado Municipal, e o sábado 14 en Dumbría desde as 18:30 horas no Paseo Marítimo do Ézaro.

Tamén se poden presentar online descargando e asinando o borrador de alegacións, e presentalas na sede física ou electrónica da Xunta ou do Goberno central, ou ben asinalas e mandándoas a adecom.gal@gmail.com, que farán o trámite.

NOVAS SOBRE OS EÓLICOS