Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O novo impulso eólico propón 40 novos proxectos na Costa da Morte

Mapa de Parques Eolicos Costa da Morte 2021
Mapa visor do Rexistro Eólico de Galicia
O novo impulso eólico propón 40 novos proxectos na Costa da Morte

Con toda esta avalancha de viraventos que se nos ven enriba, quixemos facer un pequeno repaso sobre como afecta a presencia de parques eólicos en toda a Costa da Morte. Baseándonos no mapa visor do Rexistro Eólico de Galicia, contabilizamos 34 parques eólicos con 606 aereoxeneradores en funcionamento neste 2021 (o 40% de toda a provincia).

Concellos como Mazaricos (con 123) ou Dumbría (114) sitúanse entre os tres primeiros da provincia coruñesa, só por detrás de As Pontes de García Rodríguez. Lonxe quedan concellos lucenses como Abadín (con 200) ou Muras (381).

Se a situación actual xa se define cunha alta, para moitos excesiva, ocupación do territorio, a que ven enriba é aínda moito máis crúa, se temos en conta que vivimos nunha zona onde a Paisaxe e a Natureza son activos turísticos-económicos que si revirten directamente no territorio. Pola contra, o negocio eólico, que move arredor os 600 millóns de euros ao ano, segundo o Observatorio Eólico de Galicia, pouco repercute na comarca, máis alá do Fondo de Compensación Ambiental, que deixa menos de 1 millón de euros entre 16 concellos da comarca.

Máis 600 aereoxeneradores activos

Aos 34 parques activos, teremos que sumarlle en breve os 24 P.E. que se atopan en proceso de tramitación; e por se foran poucos, outras 15 novas solicitudes de PE. Serán un total de 73 os parques eólicos que suframos nos 17 concellos da comarca.

Con este panorama, Fisterra e Cee fican como os únicos Concellos libres de eólicos de toda a Costa da Morte, se ben o proxecto de Monte Outeiro parece que tamén vai afectar ao Concello de Cee.

Parques Eolicos costa da Morte lista 2021
(Pincha aquí para acceder á táboa ao

documento)

 

A Sociedade Galega de Ornitoloxía

Interesante resumo fai a Sociedade Galega de Ornitoloxía en relación concreta á serie de novos parques eólicos proxectados na montaña galaico-leonesa: “A afección de cada parque e as súas infraestruturas asociadas non debe de contemplarse independente do conxunto e por tanto, debería de valorarse a opción de declarar á montaña Galaico-leonesa como área de exclusión de parques eólicos ou na súa falta establecer unha avaliación ambiental conxunta antes de aprobar calquera proxecto de ámbito estatal ou autonómico”.

Lembran que “Galicia está moi por riba da media española en xeración de enerxías alternativas, e realmente xa tería alcanzado en termos relativos os obxectivos de sustentabilidade expostos para 2030”.

Mapa realizado pola Rede Galega Stop Eólicos.

Novas sobre os eólicos

Artigos relacionados

Comentarios