Víctor Castiñeira, ilustre pregoeiro das esperadas festas da Xunqueira

Victor Castiñeira

Con bastante polémica presentou esta semana o Concello de Cee o esperado pograma das Festas da Xunqueira 2022. É unha das festas máis esperadas do verán na Costa da Morte, pero ao non haber Comisión de Festas, o orzamento baixa considerablemente, e toda a organización recaeu no Concello. O resultado: Pili Pampín como estrella e a Orquestra Compostela como reclamo para os verbeneiros.

A mellor nova, sen dúbida, ademais de que non se escatimará na sesión de fogos de artificio do luns 15 de agosto, é a figura do pregoeiro. Víctor Castiñeira, o exemplar historiador ceense, será recoñecido pola súa labor de divulgación do patrimonio ceense. Este ano, ademais de publicar o libro sobre Domingo Antonio de Andrade, está traballando arreo para recompilar a historia xubilar da vila da Xunqueira, neste importante momento do Ano Xubilar Mariano.