Venres. 29.03.2024
El tiempo

Víctor Castiñeira: “Era necesario vincular o legado do Leonardo galego con Cee”

  • O historiador ceense presentou un libro sobre Domingo Antonio de Andrade pensado, en parte, para os centros de ensino da comarca: “É posible dar a historia vinculando o global co local”.
Victor Castineira e Felipe Senen na Fundacion Amigos dos Museos de Galicia
Víctor Castiñeira e Felipe Senén na Asociación de Amigos dos Museos de Galicia presentando o libro sobre Domingo Antonio de Andrade
Víctor Castiñeira: “Era necesario vincular o legado do Leonardo galego con Cee”
Noite “inesquecible” a que viviu onte o historiador e técnico de de Cultura do Concello de Cee, o noso Víctor Castiñeira. Vía a luz o seu novo libro sobre a figura de Domingo Antonio de Andrade (De Cee a Compostela: Un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade), e facíao na Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, da man de Felipe Senén, un dos culpables da publicación editada pola mesma entidade en colaboración co concello ceense. De feito, este vindeiro día 9 terá lugar a presentación na vila da Xunqueira.

Foi Felipe Senén o que invitou a Castiñeira a convertir a interesantísima exposición instalada na Casa da Cultura, realizada co gallo do Día das Artes que lle dedicou a Real Academia de Belas Artes ao polivalente arquitecto ceense o pasado ano.

Xa tiña o historiador moito traballo feito como comprobamos no Especial de 15 artigos que temos publicado en QPC, pero de outubro a xaneiro aínda tivo que investigar e mesmo autocorrexirse nalgún dato.

Senén deulle a benvida agradecendo ademais as case 60 persoas que enchían o acolledor auditorio da activa Asociación herculina. “Honrar a un cociñeiro é probarlle a comida, e dicirlle que está boa. Para un conferenciante, honrarlle é vir escoitarlle e hoxe temos a sorte de contar con este sabio local e, universal, que dá leccións a grandes catedraticos das universidades galegas”, sinalou.

Non contaba Castiñeira con semellante acollida e tirando da súa privilexiada cabeza, e sen guión, deu máis dunha hora de charla que colmou as inquedanzas

Victor Castineira e Felipe Senen na Fundacion Amigos dos Museos de Galicia

Por que é tan necesario este libro?

”Aínda que afortamente coñecemos cada vez sobre a obra e a repercusión e o valor de Domingo Antonio de Andrade, o que non fan os estudos publicados ata agora é incidir a súa vinculación coa súa vila natal. Foi unha persoa moi descoñecida ata finais do século XIX a pesar de ser un referente no barroco en Galicia. Ata 1935 se pensou que era compostelán. ”Este libro pretende demostrar que naceu en Cee, pero non de xeito accidental, se non que estivo vinculado a Cee toda a súa vida”.

Castiñeira, que considera a Andrade “o Leonardo galego”, recoñece que aínda lle queda por descubrir como foi a súa vida entre os 14 e os 20 anos, claves na súa formación. En calquera caso, son poucos os traballos que se coñecen del, e de feito, foi 150 anos da súa morte cando Manuel Murguía rescataba a autoría de numerosos edificios de Compostela, esquecida ata 1880. Lembrou os traballos de Francisco Mayán e a tese de Miguel Taín en Santiago en 1998, como traballos imprescindibles sobre a súa figura.

Centros de ensino

Está enfocado para o publico en xeral e para o escolares principalmente, para que os profesores poidan explicar a historia global vinculada como local, e para que poidan contar era e como traballaba a pedra e a madeira, porque foi entallador, e fixo retablos tamén para a súa vila.

Precisamente Castiñeira, durante as visitas escolares á exposición da casa da Cultura, une a época napoleónica coa historia local contando como no 1809 a invasión francesa sobre as nosas vilas acabou destrozando as numerosas creacións de Andrade que deixou na vila.

Viaxe histórica

Sen debullar por completo o libro, e invitando a lelo (a Asociación agasalla aos presentes a estas presentacións das súas publicacións cun exemplar, e de feito Víctor tivo que asinar máis de 25 libros ao remate da charla), Castiñeira comezaba a charla facendo unha viaxe histórican e demográfica pola zona naqueles séculos XVI e XVII. Naquela época Cee era unha pequena vila dunhas 400 persoas, con dúas rúas, a de Arriba e a de Abaixo, nuns tempos nos que a da Xunqueira “era como a aldea de Asterix e Obelix”, xa que era a única de toda a que agora é coñecida como a Costa da Morte que dependía do arcediano de Santiago, mentres que os Altamira, con sede en Corcubión, controlaban o resto da zona. Destacou ademais entrada do millo americano permititiu que a poboación galega se duplicase durante a vida de Andrade, entre 1630 e 1710, antes de sumerxirse na vida e na obra do polifacético artista.

Especial Domingo Antonio de Andrade, por Víctor Castiñeira

Máis novas sobre Antonio de Andrade

Novas de Víctor Castiñeira

Outros artigos de Víctor Castiñeira en QPC

Comentarios