Xosé María Lema regresa ao IES Fernado Blanco co seu libro "Costa do Solpor"

Xosé María Lema presentoulle o seu libro "Costa do Solpor" ao alumnado do IES Fernando Blanco de Cee Onte foi un día grande para Xosé Mª Lema xa que, con motivo das I xornadas do Libro Infantil e Xuvenil, presentoulle o seu libro "Costa do Solpor" ao alumnado do IES Fernando Blanco, onde impartíu as súas primeiras clases aló polo ano 1976. A casa da Cultura de Cee acolliu tamén onte o espectáulo de Duende Sico, cunha dobre sesión para os rapaces de 1º, 2º e 3º de primaria, primeiro do Eugenio López e, máis tarde, do Manuela Rial. Programa As I xornadas xornadas do libro infantil e xuvenil de Cee rematan hoxe cun encontro que manterá María Canosa cos alumnado de primaria dos colexios Eugenio López e Manuel Rial Mouzo. Canosa presentaralle o seu libro “A cazadora de estrelas” nun acto que comeza ás 12.30 horas no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Cee